lunes, 31 de mayo de 2010

CRÍTICAS AO IMPERIO

É Inditex un explotador infantil?

http://www.elmundo.es/elmundo/2006/05/27/sociedad/1148728729.html

Segundo esta información a empresa por medio de subcontratas, estivo involuntariamente segundo explican, empregando a menores na fabricación de, nete caso, zapatos para Zara.

Esta non é a primeira vez que xorde a polémica, e seguramente non será a última. Nunha empresa de tal magnitude e con tantas subcontratas en países do mundo é normal que xordan as dúbidas. A empresa sempre nega cada caso que sae de explotación, logo de facer unha inspección interna pero o certo e que é un problema de análise e investigación propia, nos comezos da relación empresarial entre Inditex e a subcontrata.

http://terranoticias.terra.es/nacional/articulo/inditex_reforzara_control_proveedores_evitar_992142.htm

http://www.inditex.es/es/prensa/notas_de_prensa/amplia/00000471

DEBERÍA FACER UN CONTROL MÁIS EXHAUSTIVO DAS EMPRESAS SUBCONTRATADAS? É NORMAL QUE XORDAN ESTOS PROBLEMAS?

Estas son algunhas das críticas vertidas contra este xigante da moda.

domingo, 30 de mayo de 2010

DE DÚAS FÁBRICAS A UN IMPERIO (II)


Ao ficar valeiro o taller da rúa Noia, é utilizado como lugar de nacemento da empresa SAMLOR S.A. ( Ao igual que GOA S.A. o nome desta empresa correspóndese coas inicias dos nomes dos donos Samaniego, Pilar López e Antonio Ortega). Esta empresa que nace baixo o amparo do irmán maior de Amancio, adicábase á fabricación para Galerías Preciados, Simago e pedidos especiais. Centráronse na producción de señora, tanto patalóns coma saias. Antonio levaba a fábrica, Pilar era a encargada do corte: patronista e cortadora e Samaniego era relacións públicas: proveedores, maioristas. Aínda que non estaba desvinculada coa empresa de Amancio, as contas da empresa eran levadas por GOA S.A.

No 1975 créase a primeira tenda Zara, na rúa Torreiro da Coruña. Neste momento comeza unha das innovacións do grupo: a distribución propia do producto. Se algo tiña en mente o fundador do proxecto era que moito diñeiro remataba no nas mans dos intermediarios, e comeza a distribución propia do seu producto. Primeiro alugando camións, e máis adiante facendose coa súa propia flota.

No 1977 a empresa SAMLOR S.A. desprázase ao polígono industrial de Sabón, sendo unha das primeiras naves creadas no mesmo. Nese momento ao ficar sen ningunha empresa o taller da rúa Noia nace FIOS, outra das empresas que conformarían Inditex. Ofréceselles a os empregados de GOA e de SAMLOR un cambio de fábrica os empregados. E así foi forxándose o factor humano do proxecto.

O cambio veu en 1980, esta foi a data na que Amancio Ortega, asocia SAMLOR e GOA e créase a sociedade GOASAM. A asociación ven motivada pola crise que está a sufrir SAMLOR. O cambio faise notar entre os empregados, a idea de compromiso vese reflexada nesta loita por sacar a diante o proxecto dos fundadores. Con esforzo isto conséguese, e a medida que se crean máis fábricas( CHOLÉ, CINTURA, TRISKO...), o número de tendas da firma ZARA medra. E todas pouco a pouco aséntanse no polígono de Sabón, deixando atrás a rúa Noia e a Moura.

No ano 1985 créase INDITEX o grupo integrador de todas as fábricas creadas ata entón e as que se crearan no futuro; perdendo a medida que se amplía o imperio as trazas que fixeron que INDITEX sexa o que é.

Mulleres traballando na sede de ZARA en Sabón

DE DÚAS FÁBRICAS A UN IMPERIO (I)

A historia empresarial do grupo Inditex non comeza até o ano 1985. Antes desta data xa abrira a primeira tenda Zara, e incluso xa abriran en máis localidades fora da nosa comunidade. O que interesa saber é que foi dos anos perdidos dende que Amancio deixa o seu traballo en “La Maja” até que abre a primeira tenda na Coruña.

A historia poderíase desenrolar deste xeito:

A marcha de Amancio foi secundada por Rosalía Mera, a que se convertiría na súa primeira muller; o irmá de Amancio, Antonio; Primitiva, que se convertiría na muller de Antonio; Pepita Ortega e Jose Antonio Caramelo, líder do grupo Caramelo.

Esta marcha foi debida a un proxecto comandado por Amancio Ortega, o primeiro paso xa o deran: a confección de batas e camisóns na casa familiar, onde comprobaron que o negocio podería ter saída. O que seguíu foi o a creación do taller na Rúa Noia da Coruña, aplicando as experiencias obtidas en materia de satisfacción á clientela e de contacto directo cos proveedores de tecidos cataláns. Neste taller non estaba só a que era xa a súa muller, Rosalía Mera; así como o seu irmá, o cal tiña moita experiencia no textil catalán, e a muller deste, modista de profesión. Tamén Pepita, a irmá dos Ortega, facía as veces de economista. As fabricacións eran vendidas a maioristas e a grandes superficies empresariais como Simago, Pryca ou Galerías Preciados.

Este taller manteríase até o ano 1972, no que se data a creación de Confecciones GOA S.A. (as inicias da firma correspóndense coas inicias do fundador ao revés Amancio Ortega Gaona). Coa creación da nova empresa, apoiado na riqueza que fora xestando dende o taller da rúa Noia, desprázase a fabricación e o diseño ao polígono industrial coruñés da Grela, concretamente á zona da Moura. Esta nova localización con máis espazo conleva a contratación de novos empregados. Pepita Ortega, encargábase da oficina, Jove estaba na xestoría, Jaime, marido doutra irmá Ortega emigrada, estaba no almacen.

Polígono Da Grela (A Coruña)

INDITEX: UNHA EMPRESA FAMILIAR



A empresa Inditex xurdiu dun núcleo familiar: o Ortega Gaona. O punto máis importante desta pirámide familiar correspóndese coa figura de Amancio Ortega Gaona, fundador da empresa GOA. S.A. Ao seu carón aparen os nomes de Josefa Ortega ( máis coñecida como Pepita, a súa irmá) e Antonio Ortega ( o seu irmán). Ao carón dos irmáns atopamos as mulleres de ámbolos dous irmáns: Rosalía Mera, a ex muller de Amancio, e Primitiva, a muller de Antonio. Tamén Jaime, o marido da outra irmá chamada Pilar. Este será o grupo fundador, que terá as súas orixes nos finais dos 50 e comezos do 60.

Este carácter familiar será unha das bases dos proxectos futuros. A confianza e compromiso na idea que xurdiu, foi trasladada aos empregados, que á súa vez continuaron mantendo este conxunto de características: familiaridade, compromiso e confianza no proxecto. Cando se fala dos empregados, tamén se inclúen os encargados e mesmo a cúpula directiva. Isto vese reflexado en calquera enquisa que se faga na sede do xigante Inditex en Sabón, é doado atopar a conxuntos familiares enrolados todos no grupo. Un exemplo que podería servir é o caso da miña familia: a primeira que comezou a traballar no grupo foi moi miña nai, ela comezou no ano 75. A partir dela foron empregadas a súa irmá e a súa cuñada. Logo virían un cuñado e uns anos máis adiante o seu fillo e a súa moza. Outro exemplo é o caso de Juan Carlos Rodríguez Cebrián, ao casaren coa filla de Antonio Ortega converteuse en encargado, e uns anos máis adiante converteríase no director xeral e a man dereita de Amancio, hoxe en día deixou ese cargo.

miércoles, 28 de abril de 2010

CREACIÓN DE GOA

A primeira entrada deste blog está adicada a entender o por qué da fundación da primeira empresa que máis tarde conformaría Inditex. A causa de localización na A Coruña, non é dificil de entender; a familia de Amancio Ortega estaba afincada na Coruña, logo duns anos errantes debido ao traballo do seu pai. Coñece o negocio do textil, antes de comezar a andadura coa súa primeira empresa, traballara en 3 tendas anteriormente: unha camisería da Coruña chamada "Gala", "La Espuma" e máis tarde e xa coma encargado en "La Maja". Estas experiencias foron dándolle unha visión do mundo textil, dende o trato con proveedores, a distribución e o moi importante trato a clientela, os seus gustos e preferencias. Así comezou na casa a confección de batas, camisons e pixamas, ao tempo que o compaxinaba co traballo en "La Maja". Cando o comercio de batas e pixamas foi prosperando decidiu coller un local comercial nunha rúa da Coruña e que tantas veces se nomeou: a rúa Noia. O seu trato con distribuidores e maioristas axudolle no camiño e tamen os prezos e a antigua clientela lle axudaron neste labor. E así creouse confeccións GOA (Acrónimo do seu nome).