domingo, 30 de mayo de 2010

INDITEX: UNHA EMPRESA FAMILIAR



A empresa Inditex xurdiu dun núcleo familiar: o Ortega Gaona. O punto máis importante desta pirámide familiar correspóndese coa figura de Amancio Ortega Gaona, fundador da empresa GOA. S.A. Ao seu carón aparen os nomes de Josefa Ortega ( máis coñecida como Pepita, a súa irmá) e Antonio Ortega ( o seu irmán). Ao carón dos irmáns atopamos as mulleres de ámbolos dous irmáns: Rosalía Mera, a ex muller de Amancio, e Primitiva, a muller de Antonio. Tamén Jaime, o marido da outra irmá chamada Pilar. Este será o grupo fundador, que terá as súas orixes nos finais dos 50 e comezos do 60.

Este carácter familiar será unha das bases dos proxectos futuros. A confianza e compromiso na idea que xurdiu, foi trasladada aos empregados, que á súa vez continuaron mantendo este conxunto de características: familiaridade, compromiso e confianza no proxecto. Cando se fala dos empregados, tamén se inclúen os encargados e mesmo a cúpula directiva. Isto vese reflexado en calquera enquisa que se faga na sede do xigante Inditex en Sabón, é doado atopar a conxuntos familiares enrolados todos no grupo. Un exemplo que podería servir é o caso da miña familia: a primeira que comezou a traballar no grupo foi moi miña nai, ela comezou no ano 75. A partir dela foron empregadas a súa irmá e a súa cuñada. Logo virían un cuñado e uns anos máis adiante o seu fillo e a súa moza. Outro exemplo é o caso de Juan Carlos Rodríguez Cebrián, ao casaren coa filla de Antonio Ortega converteuse en encargado, e uns anos máis adiante converteríase no director xeral e a man dereita de Amancio, hoxe en día deixou ese cargo.

4 comentarios:

  1. É curioso ver como nás dúas grandes industrias que existen en Galiza, INDITEX e CITROEN, a forma de entrar como empregado é por familia, polo chamado popularmente "enchufe". E reflexa tamén o poder da institución da familia, que fixo posíbel a creación do maior grupo téxtil do mundo, cun home comezando dende cero só coa axuda dos familiares máis próximos.

    ResponderEliminar
  2. Penso que o concepto de familiaridade é vital para o desenrolo dunha empresa sobre todo nos seus inicios xa que o compromiso dos empregados nestes primeiros anos paréceme fundamental.

    ResponderEliminar
  3. El factor afectivo es fundamental en el origen de la empresa y sobre todo en los primeros pasos, en los cuales, es difícil encontrar apoyos económicos. Otro hecho fundamental fue el contar con una relación de clientes con anterioridad, que le permitió no empezar de cero.

    ResponderEliminar
  4. Pero o factor afectivo non é suficiente? quizáis sexa un conxunto complexo de factores e circunstancias os que poden explicar a orixe de Inditex. Como podemos respostar a por que na Coruña en en Galicia? por que en Arteixo? Cal foi o papel do saber facer das costureiras tradicionais galegas? moitas delas empregadas en talleres familiares que coseron para zara durante décadas dende aldeas da Costa da Morte e doutros lugares de Galicia. Hai moitas interrogantes abertas...

    ResponderEliminar