domingo, 30 de mayo de 2010

DE DÚAS FÁBRICAS A UN IMPERIO (I)

A historia empresarial do grupo Inditex non comeza até o ano 1985. Antes desta data xa abrira a primeira tenda Zara, e incluso xa abriran en máis localidades fora da nosa comunidade. O que interesa saber é que foi dos anos perdidos dende que Amancio deixa o seu traballo en “La Maja” até que abre a primeira tenda na Coruña.

A historia poderíase desenrolar deste xeito:

A marcha de Amancio foi secundada por Rosalía Mera, a que se convertiría na súa primeira muller; o irmá de Amancio, Antonio; Primitiva, que se convertiría na muller de Antonio; Pepita Ortega e Jose Antonio Caramelo, líder do grupo Caramelo.

Esta marcha foi debida a un proxecto comandado por Amancio Ortega, o primeiro paso xa o deran: a confección de batas e camisóns na casa familiar, onde comprobaron que o negocio podería ter saída. O que seguíu foi o a creación do taller na Rúa Noia da Coruña, aplicando as experiencias obtidas en materia de satisfacción á clientela e de contacto directo cos proveedores de tecidos cataláns. Neste taller non estaba só a que era xa a súa muller, Rosalía Mera; así como o seu irmá, o cal tiña moita experiencia no textil catalán, e a muller deste, modista de profesión. Tamén Pepita, a irmá dos Ortega, facía as veces de economista. As fabricacións eran vendidas a maioristas e a grandes superficies empresariais como Simago, Pryca ou Galerías Preciados.

Este taller manteríase até o ano 1972, no que se data a creación de Confecciones GOA S.A. (as inicias da firma correspóndense coas inicias do fundador ao revés Amancio Ortega Gaona). Coa creación da nova empresa, apoiado na riqueza que fora xestando dende o taller da rúa Noia, desprázase a fabricación e o diseño ao polígono industrial coruñés da Grela, concretamente á zona da Moura. Esta nova localización con máis espazo conleva a contratación de novos empregados. Pepita Ortega, encargábase da oficina, Jove estaba na xestoría, Jaime, marido doutra irmá Ortega emigrada, estaba no almacen.

Polígono Da Grela (A Coruña)

No hay comentarios:

Publicar un comentario