lunes, 31 de mayo de 2010

CRÍTICAS AO IMPERIO

É Inditex un explotador infantil?

http://www.elmundo.es/elmundo/2006/05/27/sociedad/1148728729.html

Segundo esta información a empresa por medio de subcontratas, estivo involuntariamente segundo explican, empregando a menores na fabricación de, nete caso, zapatos para Zara.

Esta non é a primeira vez que xorde a polémica, e seguramente non será a última. Nunha empresa de tal magnitude e con tantas subcontratas en países do mundo é normal que xordan as dúbidas. A empresa sempre nega cada caso que sae de explotación, logo de facer unha inspección interna pero o certo e que é un problema de análise e investigación propia, nos comezos da relación empresarial entre Inditex e a subcontrata.

http://terranoticias.terra.es/nacional/articulo/inditex_reforzara_control_proveedores_evitar_992142.htm

http://www.inditex.es/es/prensa/notas_de_prensa/amplia/00000471

DEBERÍA FACER UN CONTROL MÁIS EXHAUSTIVO DAS EMPRESAS SUBCONTRATADAS? É NORMAL QUE XORDAN ESTOS PROBLEMAS?

Estas son algunhas das críticas vertidas contra este xigante da moda.

3 comentarios:

  1. É certo que dentro das grandes empresas ou grandes marcas sempre se asocian ou saen novas en relación a explotación tanto de nenos como mulleres, creo que hai que tomar con coidado esas críticas porque moitas veces poden ser campañas de desprestixio, ainda que non podemos tampouco tapar os ollos e si que hai moita economía sumerxida en casas e talleres clandestinos, incluso aqui en Galicia relacionado con grandes marcas, xa sexa Inditex ou outras firmas.

    ResponderEliminar
  2. Indirectamente os indicios están aí. As familias de Portugal traballan por encargo na súas casas e son todos os membros da familia os que participan. O tema que a familia rural tradicional é unha unidade económica amais de unha unidade afectiva de convivencia. Nesta familia rural o traballo da terra, coidado dos animais, e outros se unen co traballo asalariado fora da casa, e actualmente se lle engade o traballo por encargo a domicilio. Esto é moi frecuente en area rurais tradicionais de corte minifundista. Ao final estas familias combinan diversidade de fontes de ingresos e actividades. Son as economías simbióticas propias da protoindustrialización que son aproveitadas pola grande empresa industrial moderna e multinacional. Non é cuestión de buscar culpables senon de tratar e comprender o que sucede!

    ResponderEliminar
  3. xa, negan favorecer o traballo infantil pero isla chimpou a chércoles cando pescou unha empresa que traballa para inditex en banglades explotando aos traballadores

    ResponderEliminar